PontePoética reunirá, na súa novena edición, a un gran elenco de autores

PONTEVEDRA> Volve a Pontevedra o Festival Internacional de Poesía. PontePoética reunirá nesta novena edición a un elenco de autores e autoras de gran prestixio. O evento celebrarase esta fin de semana e haberá recitais poéticos, obradoiros e encontros nos institutos.

Así presentaba esta mañá a concelleira de Cultura a novena edición de PontePoética. O Festival Internacional de Poesía chega un ano máis á Boa Vila para ofrecer un auténtico recital a cargo dos poetas máis importantes do momento.

Antònia Vicens, Manuel Vilas, Pilar Pallarés ou Silvia Penas son algúns dos autores que pasarán por Pontevedra esta fin de semana para encher de poesía todos os recunchos da cidade.

O Festival Internacional de Poesía comezará o venres e, nesta edición non faltarán os recitais poéticos, os obradoiros e os encontros nos institutos da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí