O góspel máis puro chega a Vilagarcía para seguir salvando vidas

VILAGARCÍA> Hai dez anos nacía case por casualidade un proxecto humanitario grazas ó cal hoxe, decenas de cativos de Uganda, en África, poden acceder a unha educación e un traballo. Ese proxecto bautizouse como ‘Música para salvar vidas’, e as voces dalgún deses cativos chegarán mañá ó Auditorio de Vilagarcía da man do grupo Aba Taano. Unha mostra do góspel máis puro que sona case máxico. Estas seis voces máxicas son Aba Taano, un grupo de góspel que naceu en Uganda, África, froito dun proxecto humanitario que xurdía hai agora dez anos case por casualidade. Detrás del está Elisabeth Michot. A ela chegaron uns cativos que sufriran abusos, abandono e as circunstancias impulsárona a tomar a iniciativa. A día de hoxe, o proxecto ‘Música para salvar vidas’ logrou crear un orfanato en Uganda no que se educa a trinta nenos, ademais de apoiar a outras comunidades africanas para que sobrevivan nas mellores condicións posibles. A formación que están a recibir estes nenos estalles a permitir labrarse un futuro. Algúns xa están traballando como mecánicos ou enfermeiros. Outros, como os integrantes de Aba Taano, optaron pola música. Talento é o que atesoura este sexteto que xa percorreu doce países de Europa facendo soar o seu góspel e agora, por primeira vez, encaran unha xira en Galicia. Nivel que xa lles valeu importantes premios e distincións internacionais. Este venres estarán en Vilagarcía, a partir das nove e media da noite no Auditorio. O que se recade das entradas destinarase ó proxecto humanitario. As entradas poden adquirirse xa en Servinova por prezos de 6, 8, e 10 euros en función das localidades. Tamén se poderán mercar mañá na billeteira do Auditorio a partir das sete da tarde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/abataano.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/12/GOSPEL_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}