O Partido Popular e AVS pactan un goberno de coalición en Porto do Son

pactoppavs_100.jpgPORTO DO SON>  Luís Oujo, do PP, presidirá o novo executivo. Queda por determinar a quen corresponderán o resto de áreas e as dedicacións exclusivas.

Cun un efusivo abrazo, Luis Oujo, do partido popular e  Javier Quiñoy, de Alternativa Veciñal Sonense, selaban o pacto para dotar dun goberno ó concello de Porto do Son. Tras unha semana de reunións entre as distintas forzas políticas, agás AVS e o PSOE ó decidir Quiñoy que non era posible ningún tipo de achegamento, o PP e a formación independente pecharon un acordo sustentado na busca dun proxecto de futuro para Porto do Son.

{flowplayer}barbanza/pactoavspp.flv{/flowplayer}

Negociación das concellerías

Con esta coalición, ambos dirixentes esperan no defraudar a ninguén, xa que a prioridade, segundo avanzou Oujo, é proporcionar ó Son un goberno estable. O proxecto común ideado polas formacións tratará, en primeiro lugar, de aprobar o Plan Xeral de Ordenación Urbana e iniciar ós trámites necesarios para dotar ó municipio dun punto limpo, unha nova gardería ou un polígono industrial.

De momento, tan só queda claro que Luís Oujo presidirá o novo goberno de coalición. Ningún dos dous quixo falar de como se distribuirán as concellerías nin do número de dedicacións exclusivas que haberá. Foi tal o hermetismo que non adiantaron se Javier Quiñoy ocupará a tenencia de alcalde. Polo de agora, explicou Oujo, están a traballar nun executivo local no que primará o principio de austeridade.

Redacción Barbanza