Un choque entre un vehículo e unha moto sáldase co motorista ferido

    accidentevilanova copia100.jpgVILANOVA> O accidente produciuse no momento da incorporación do coche dende a estrada do Pazo de Vista Real ó vial principal de Caleiro.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_VILANOVA_CALEIRO.flv{/flowplayer}

    Debido ó impacto, que se produciu ó redor das 6 da tarde, o motorista, un home de 30 anos veciño da zona, saíu despedido ó redor de 10 metros. No lugar do accidente tivo que ser atendido por un equipo do 061, que procedeu ó seu traslado ó Hospital do Salnés para valorar o seu estado.

    Pola súa banda, a condutora do automóbil, veciña de Caleiro, non sufriu ningún dano. Ademais do equipo do 061, ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos da Garda Civil, da Policía Local de Vilanova e de Protección Civil do concello.

    Redacción Salnés