OUTES> O concello de Outes contará cun servizo de orientación laboral encamiñado a facilitar a inserción laboral dos desempregados.
{flowplayer}barbanza/servizoasesoramentolaboral.flv{/flowplayer}
Os interesados en recibir asesoramento poden dirixirse á oficina situada nas antigas escolas do Bosque, na rúa da Capela, en horario de oito da mañá a tres da tarde. Alí, unha técnica experta en asesoría laboral proporcionaralle toda a información relativa a cursos e demais actividades formativas ofrecendo ademais unha canle de intermediación entre as empresas e os demandantes de emprego.
Contratación
Dende este departamento traballase ademais na elaboración do proxecto do próximo obradoiro de emprego e procederase á contratación, a través dun convenio coa Xunta de Galicia, de vinte e cinco traballadores que se incorporarán a partir do mes de xullo.
Deste xeito, o concello de Outes continúa co seu labor de promoción de emprego dende o ámbito municipal.
Redacción Barbanza