Louzán anuncia a segunda fase de escavacións en Monte do Castro

    visita_xacemento_ribadumiacopy.jpgRIBADUMIA> O Presidente da Deputación facía estas declaracións durante a visita ó xacemento xunto ó Conselleiro de Cultura.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_CONSELLEIRO_MONTE_CASTRO.flv{/flowplayer}

    Tras concluíla primeira fase de descubrimento do xacemento arqueolóxico en Monte do Castro, Ribadumia, esta mañá o Presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou que dará continuidade ós traballos de escavación.

    Louzán facía estas declaracións durante a visita guiada ó xacemento arqueolóxico do Monte do Castro na que tamén participou o Conselleiro de Cultura, Roberto Varela. Esta iniciativa enmárcase dentro do Proxecto Pousadas deseñado pola Deputación.

    Neste contexto, Roberto Varela destacou que este tipo de proxectos contribúen ó reequilibrio territorial de Galicia polo que estudarán colaborar neste xacemento no que os técnicos recompilaron ó redor de dez mil pezas. E o farán atendendo ós principios de racionalizar e priorizar.

    Neste momentos, os técnicos traballan no proceso de clasificación das pezas que se atoparon só no 2% escavado do xacemento.

    Redacción Salnés