21 días falando galego: o compromiso do alumando do instituto sanxenxino de Vilalonga

SANXENXO> Atendan agora ó reto que teñen en marcha no instituto de Vilalonga, en Sanxenxo. Alí propóñennos convivir 21 días co galego… e máis. A iniciativa busca normaliza-la nosa lingua entre a rapazada, un sector de falantes en evidente retroceso. A campaña está impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e nela participan unha decena de centros de toda Galicia.

Así de comprometidos están co noso idioma no instituto de Vilalonga, en Sanxenxo. O centro está a participar na iniciativa ’21 días co galego e máis’, unha campaña que busca dinamiza-lo uso da lingua entre a rapazada, ante a constante perda de falantes.

Neste insituto moitos dos seus alumnos galegofalantes uníronse ó proxecto para fomentar que aqueles que falan en castelan se atrevan a da-lo cambio.

Segundo os estudos psicolóxicos, 21 días é o tempo de práctica que se necesita para adquirir un hábito. ’21 días co galego e máis’ naceu no 2013 da man dunha mestra da Pobra. Foi medrando ata chegar hoxe a 10 centros de todo o país, da man da Xunta. A campaña está repleta de actividades, xogos e retos para que os rapaces empreguen o galego, polo menos, 21 días.

No instituto celebran a implicación dos rapaces neste proxecto. En toda Galicia están a participar nesta campaña 4.000 escolares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí