SANXENXO> Máis de 20 establecementos participarán nesta iniciativa organizada por Turismo de Sanxenxo e que se prolongará todo o mes de xuño.
{flowplayer}images/salnes/SANXENXO_DEGUSTA_TAPAS.flv{/flowplayer}
Cociña tradicional, pratos e combinacións innovadoras, produtos do mar ou propostas máis arriscadas. Este variado abanico de posibilidades é o que se atoparán os clientes que se acheguen durante o mes de xuño a varios establecementos hostaleiros de Sanxenxo. Un total de 24 locais participan este ano na nova edición de Sanxenxo Degusta Tapas con 56 propostas diferentes.
Cun prezo único de dous euros, a parte do da consumición, os clientes poderán degustar as diferentes tapas dos locais. Ademais, os que participen entrarán a formar parte dun sorteo con interesantes premios.
Para os establecementos, o Sanxenxo Degusta Tapas funciona como un concurso no que serán xulgados por un xurado popular, cos votos dos consumidores, e un xurado de profesionais do mundo da cociña, que elixirán a mellor tapa tradicional e a máis creativa.
Nesta nova edición, dende Turismo Sanxenxo agardan mellorar os excelentes resultados do ano pasado, cando os 22 establecementos participantes despacharon máis de 6.000 tapas.
Redacción Salnés