Mar Viqueira: ‘Estou ilusionada co proxecto de Puertas e co equipo’

    mar_viqueira_copia100.jpgVILAGARCÍA> Estou disposta a traballar por Vilagarcía en todo o que me pida o Partido Popular. Así de sincera mostrouse Mar Viqueira, membro da candidatura de Javier Puertas, no seu encontro cos medios.

    {flowplayer}images/salnes/MAR_VIQUEIRA_BUENO.flv{/flowplayer}

    Mar Viqueira sinalou que sempre tivo unha inquietude por traballar por e para Vilagarcía, e que veu na chamada de Javier Puertas a súa oportunidade de ofrecer todo o seu potencial á localidade e á cidadanía. Asegurou que non lle custou nada tomar a decisión de incorporar á candidatura xa que lle presentaron un proxecto ilusionante xunto a persoas moi traballadoras.

    Viqueira afirmou que está disposta a realizar todo o que lle solicite o partido, aceptando calquera tipo de responsabilidade.

    Esta licenciada en pedagoxía e técnico de prevención de riscos laborais, manifestou que están a recibir moi apoio.  Sinalou que este proxecto dun novo Partido Popular se asenta na base de escoitar a todas as persoas que poidan aportar melloras para Vilagarcía.

    A 5 días do Congreso, os membros da candidatura de Javier Puertas están tranquilos e moi ilusionados.

    Aseguran que, en caso de gañar o día 13, manterán a intención de integrar no proxecto á candidatura de Tomás Fole.

    Redacción Salnés