O nacionalista Xoán Castaño faise coa alcaldía de Catoira co apoio do PP

CATOIRA> Histórico pleno de investidura no Concello de Catoira. Xoán Castaño fíxose co bastón de mando grazas ao apoio do BNG. Ambas formacións aseguraron que non fixeran ningún pacto.

O concello de Catoira viviu un histórico pleno de investidura que rematou con Xoán Castaño como novo alcalde da vila. O PSdeG foi a lista máis votada con 5 concelleiros pero dende o a bancada popular abrían as portas a unha posible negociación para arrebatarlle o bastón de mando a Alberto García. Ambos partidos aseguraron que non habería pacto pero finalmente o PP de Catoira apoiou a candidatura de Xoán Castaño.

O novo alcalde asume o reto con responsabilidade e co obxectivo de gobernar para todos os veciños e veciñas de Catoira.

O líder dos populares asegurou que foi o seu voto máis difícil pero que tomaron a decisión cumprindo ca peticións dos veciños. Os tres concelleiros do PP votaron baixo ao berro de “Por Catoira”.

Ivan Caamaño advirte ao BNG que debe cumprir cos veciños e que estarán no goberno para asegurar que iso suceda.

A responsabilidade destes partidos contrasta co enfado da bancada socialista. O ata entón alcalde, Alberto García, non entregou o bastón de mando ao seu substituto e a concelleira Purificación Quintás abandonou o pleno berrando “Dades risa” mentres Xoán Castaño dirixíase ao veciños presentes no pleno.