Protesta no Piñeiriño pola reciclaxe de xogos infantís para o parque

    VILAGARCÍA> Mediante whatsapp e en tempo récord, pais de cativos do barrio do Piñeiriño en Vilagarcía, convocaban onte pola mañá unha protesta express para esta tarde. O concello está a remodelar o parque da zona, e a queixa vén pola suposta intención do goberno local de instalar no lugar os columpios vellos que se retiraron no parque da Xunqueira. A nova parece que chegou a oídos de Ravella horas despois da convocatoria, retirando do lugar os xogos e enviando unha nota de prensa na que se pide ós pais que esperen ó resultado dos traballos. Ás seis desta tarde estaba convocada no parque do Piñeiriño unha mobilización para protestar pola suposta intención do goberno de Vilagarcía de instalar columpios vellos no lugar. A zona estase a remodelar de xeito integral nestes intres. Pero as alarmas dos pais encendéronse ó ver que a empresa encargada dos traballos estaba a reunir no espazo columpios e outros xogos que segundo os proxenitores, se atopaban deteriorados e procedían algúns deles do tamén renovado parque da Xunqueira. A convocatoria da protesta, vía whatsapp, semella que tamén chegou a algún móbil en Revella, porque ás poucas horas de realizala, unha grúa entraba no lugar para retirar bambáns e xogos. Total A retirada dos xogos foi acompañada por unha nota de prensa na que o goberno local pide ós veciños do Piñeiriño que agarden a ver o resultado da obra antes de queixarse. Recoñece que se van manter os columpios e xogos, aínda que puntualizan que os van restaurar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/pineirino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/03marzo/13/QUEIXAS_PINEIRINO.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí