![]()
BOIRO> O seu propietario, Xaquín España, leva anos recompilando este valioso material que, por fin, ponse a disposición do público.
As máis variadas formas, cores e brillos mestúranse nesta excepcional mostra que recolle a singularidade mariña a través das cunchas. Entre as máis de dúas mil pezas atópase unha ampla representación da biodiversidade da ría de Arousa combinada con exemplo de lugares moito máis remotos e exóticos.
{flowplayer}barbanza/expocunchasboiro.flv{/flowplayer}
España iniciouse neste mundo como un afeccionado máis, ata que os seus anos traballando como mariñeiro, permitíronlle profundizar no coñecemento destas pezas mariñas. De xeito autodidacta foi reunindo e catalogando a maior parte dos exemplares que hoxe saen á luz a través desta mostra promovida polo concello de Boiro.
Pódese visitar no centro social ata finais de mes aínda que o desexo de España é que a mostra permanecese exposta nalgún museo ou asociación cultural de xeito indefinido para evitar que estes tesouros mariños fiquen pechados nun caixón.
Redacción Barbanza









