Os alumnos do IES Cachada solidarízanse cos ‘Indignados’

    apoioindignadosboiro_100.jpgBOIRO> Uníronse ó movemento 15-M cun acto simbólico celebrado no patio do centro, apostando por un cambio no modelo en beneficio dos cidadáns.

    A iniciativa xurdiu dun grupo de alumnos de cuarto da ESO á que foron incorporándose estudantes doutros cursos e varios mestres. Pretendían, a través dunha singular posta en escena, amosar o seu apoio ó espírito de cambio que percorre Europa a través do movemento 15 M.

    {flowplayer}barbanza/apoioindignadosboiro.flv{/flowplayer}

    Vestidos de negro e acompañados por varios mestres que respaldaron a iniciativa quitaron a mordaza para facer chegar este berro de solidariedade a aquelas persoas que levan preto dun mes acampados en prazas de toda España reclamando un cambio de rumbo nas políticas globais.

    Saben que é difícil pero non imposible. Por iso, con este acto pretenden aportar o seu gran de area para, tal e como reza a súa pancarta, cambiar o mundo.

    Redacción Barbanza