BOIRO> Por segundo ano consecutivo, a clínica dental Rebeca Ozores volve impulsar a campaña solidaria Doa un Sorriso en colaboración coa ABE. O obxectivo é recadar produtos de primeira necesidade para as familias con necesidades que serán entregados a Cáritas e Cruz Vermella.
Este mércores dará comezo a segunda edición da campaña Doa un Sorriso promovida pola clínica dental Rebeca Ozores de Boiro en colaboración coa ABE. Trátase dunha recollida solidaria na que neste ano precisan sobre todo de leite e derivados, produtos de hixiene e limpeza e material escolar. Para incentivar a participación, sortearanse varios premios entre as persoas que realicen a súa doazón en calquera dos establecementos participantes.
Dende Cáritas e Cruz Vermella de Boiro quixeron agradecer esta iniciativa que se vén sumar á campaña de Nadal e ó labor que desenvolven durante todo o ano en favor dos máis necesitados.
Tamén dende o concello de Boiroquixeron expresar a súa gratitude a Rebeca Ozores por esta e outras campañas solidarias que xa a fixeron merecedora dun dos distintivos Benestar Social que outorga a administración local.
A campaña finalizará o 24 de decembro. os seus promotores fan un chamamento á participación tanto dos veciños como das empresas coa fin de superar o éxito do ano pasado con preto de medio cento de establecementos participantes.











