O BNG de Ribeira denuncia o descoido no servizo de traída de auga

RIBEIRA> Un descoido dos servizos fundamentais. Desta forma, o BNG de Ribeira critica ó Goberno local ante o mal funcionamento do servizo de traída de auga. Trátase concretamente das rúas Clara Campoamor e da avenida da Coruña en Ribeira, e do lugar de Celeiráns en Aguiño. Segundo explicaron os nacionalistas, os veciños quéixanse de que a presión da auga é tan baixa que apenas se poden duchar. Noutros casos, mesmo hai caldeiras que non poden entrar en funcionamento. Para o BNG, a orixe dos problemas comeza no goberno de Ruiz Rivas. Creen que se están descoidando os servizos fundamentais, como son a rede se sumidoiros, a limpeza e recollida de lixo ou a traída de auga. O edil nacionalista, Luís Perez Barral, ve comprensible que haxa problemas puntuais como avarías ou rompeduras de tubaxes, máis non comprende esta situación. Polo que insta ó executivo a poñerse as pilas para mellorar a calidade dos servizos fundamentais. Desta forma, o BNG de Ribeira pedirá ao goberno de Ruiz Rivas á información necesaria para saber cales con os motivos da falta de presión do servizo de traída de auga.