Álvarez Angueira recupera á alcaldía co apoio de TEGA e PSOE

    PONTECESURES> O nacionalista Manuel Luís Álvarez Angueira ven de recuperar a alcaldía de Pontecesures catro anos despois, grazas ó…

    {flowplayer}images/salnes/pacto_pontecesures.flv{/flowplayer}

    …apoio do PSOE e de Terra Galega. Este goberno tripartito intentará manterse con lealdade interna para conformar unha alianza duradeira que dea estabilidade ó goberno local dos cesureños.

    Nestas negociacións aseguran que foron libres de indicacións a nivel provincial ou mesmo autonómico; e que foron os grupos locais os que o acordaron por unanimidade. Segundo os asinantes deste pacto a sinatura do acordo outorgará a alcaldía e a terceira tenencia de alcaldía ó BNG, quedando a primeira e a segundo tenencia de alcaldía para TEGA e PSOE, respectivamente. Neste acordo tamén se asinaron as carteiras que asumirá cada partido.

    Este pacto non incide en cuestións programáticas posto que aseguran que coinciden en gran parte das súas propostas. Será o luns cando se senten para ver como están as contas neste Concello e para acordar cales son as necesidades a acometer con máis celeridade. A primeira delas, será simplificar os trámites burocráticos do Concello onde se recibirá de agora en diante ós veciños de bó grao, para que entendan que a Casa do Concello é a casa de todos.

    Redacción Salnés