![]()
VILAGARCÍA > O candidato do PP á alcaldía de Vilagarcía, Tomás Fole, contou este sábado co respaldo de Eduardo Zaplana, …
… portavoz do PP no Congreso dos Deputados. Zaplana percorreu con Fole o entorno da praza de Abastos e manifestou ós xornalistas que Vilagarcía ten nestas Municipais unha excelente oportunidade de cambiar a cor do goberno local.
Media hora lle chegou a Eduardo Zaplana para deixar patente en Vilagarcía o seu apoio ó candidato popular Tomás Fole. Acompañouno polas rúas da cidade, entrou na praza de Abastos e mesmo se achegou ó río do Con, algunhas das zonas que o pasado outono se viron afectadas polas riadas. O portavoz do PP no Congreso aproveitou para anunciar que reclamará ó goberno central unha partida específica para atender ós damnificados.
Eduardo Zaplana amosouse encantado de acompañar a Tomás Fole, a quen definiu como un excelente candidato, novo, con ganas e solvencia. Para Zaplana o 27 de maio os vilagarciáns terán en Fole unha oportunidade excelente de cambio. O portavoz popular ve nestas Municipais un adianto do que pasará o vindeiro ano nas primarias. Zaplana cre quer o PSOE non aproveitou estes tres anos e cúlpao da crispación que existe hoxe en día. Por iso di, que o PP mellorará os seus resultados nas urnas.
Redacción Salnés









