Os Parquistas de Carril defenden o seu convenio con Cobre San Rafael polo ben da Ría de Arousa

VILAGARCIA> Os parquistas de Carril responden ás críticas polo convenio asinado coa empresa Cobre San Rafael para analizar as verteduras da ría de Arousa. Dende a agrupación matizan que esta colaboración non significa que estean a favor nin en contra da apertura da mina de Touro. A empresa correrá con todos os cargos destes estudos e os parquistas poderán identificar a orixe das verteduras na Ría.

O convenio entre os Parquistas de Carril e a empresa Cobre San Rafael levantou numerosas críticas a ambos lados da ría de Arousa. A compañía é a que promove o proxecto mineiro para reabrir a mina de Touro, plan ao que se opoñen numerosas asociacións de Arousa. Dende parquistas defende este convenio mediante o cal a empresa analizará as verteduras da ría.

Os parquistas sinalan que a Ría atravesa un dos peores momentos medio ambientais da súa historia, sen ser culpa da mina xa que está pechada. Con esta análise poderase identificar os puntos de vertedura e pedir responsabilidades aos culpables.

Os parquistas tamén aclararon que este convenio non significa que estean a favor nin en contra da apertura da mina de Touro.

Dende a agrupación lamentan que sexan eles sos e non a plataforma en defensa da ría a que asine este convenio.

A pesar de que a plataforma non se sume, os parquistas defenden o seu traballo e a súa importancia para a Ría de Aarousa. Os traballo de análise comezarán nos vindeiros días e o período de duración do convenio é de tres anos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí