![]()
CARRIL> Nestes enfrontamentos, que se produciron onte, mesmo tivo que intervir a Policía Local de Vilagarcía.
{flowplayer}images/salnes/LeaMariscadorasCarril.flv{/flowplayer}
No momento no que estes supostos furtivos foron sorprendidos polas mariscadoras abandonaron o lugar, pero os problemas xurdiron cando algúns familiares deles se enfrontaron ás traballadoras da agrupación.
Esta agresión é a que denuncian dende a agrupación, que din non poder seguir así, posto que outra das mariscadoras mesmo foi amenazada de morte.
Segundo estas mariscadoras, dúas das familiares destes presuntos furtivos son membros da agrupación.
Dende a asociación xa decidiron que hai que tomar medidas para poñerlle solución a este problema, polo que agradan poder reunirse coa Consellería do Mar e pedir máis vixilancia para a zona.
Redacción Salnés







