Tomás Fole promete diálogo no seu discurso de investidura

    FOLE_BASTON100.jpgVILAGARCÍA> ‘O diálogo e o acordo serán os instrumentos esenciais da nosa acción de goberno’, dixo o popular Tomás Fole, tras ser investido alcalde.

    {flowplayer}images/salnes/vilagarcia_investidura.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O diálogo e o acordo serán os instrumentos esenciais da acción de goberno do novo alcalde de Vilagarcía. O popular Tomás Fole así o dixo tras recibir o bastón de mando e ser investido alcalde para os vindeiros catro anos.

    Votouse en urna e o PP tivo só 10 papeletas, tantas como edís conseguiu tralas eleccións do 22 de maio. Fole terá que gobernar con maioría simple polo que xa desde a investidura aposta pola colaboración co resto de grupos.

    Fole manifestouse convencido das posibilidades de Vilagarcía, da que quere que sexa unha cidade orgullosa de si mesma e que encare o seu futuro con firmeza. Para ela promete ambición e declárase depositario dos encargos da cidadanía.

    O novo alcalde de Vilagarcía pronunciou o seu discurso en galego e en castelán e ó final, púidolle a emoción. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, ex alcaldes de Vilagarcía como Dolores García ou Javier Gago, foron algunhas das autoridades que felicitaron a Tomás Fole.

    A anécdota protagonizárona os ‘indignados’ do 15M, que interromperon o pleno e foron desaloxados e que tamén colocaron pancartas e gritaron consignas diante da casa consistorial.

    Redacción Salnés