Cultura estudará a catalogación da Ruta do Pai Sarmiento como Vía Cultural

    VILANOVA> A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria  estudará a catalogación da Ruta do Pai Sarmiento na categoría de Vía Cultural. O conselleiro, Román Rodríguez acudiu este luns á presentación da proposta da Mancomunidade do Salnés para iniciar os trámites cos que recoñecer este roteiro. 

     

    O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asistiu, este luns, á presentación da proposta da Mancomunidade do Salnés para solicitar a catalogación da Ruta do Pai Sarmiento. O proxecto que terá que ser presentado diante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para o seu estudo e para valorar a posibilidade de protexer este roteiro como Vía Cultural.

    A Mancomunidade deberá iniciar o proceso para poder acceder a esta catalogación que suporía que esta ruta contase cunha especial protección, derivada dos seus singulares valores. Trataríase, ademais, da primeira solicitude para catalogar unha ruta baixo esta nova categoría de protección patrimonial.

    Na presentación, a que acudiron numerosas personalidades políticas da comarca e tamén da provincia, recalouse na figura da viaxe do Pai Sarmiento, quen peregrinou a Compostela nun percorrido de 190km dos cales 125 pasan polo Salnés. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/vilanova_rutas_camino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/08/vilanova_rutas_camino.mp4{/flowplayer}