A oferta cultural e de natureza gaña terreo ó turismo de praia

turismo.jpgBARBANZA> As comarcas das Rías Baixas ofrecen ós seus visitantes moito máis ca turismo de sol e praia.

{flowplayer}barbanza/reportaxeturismo.flv{/flowplayer}

Tan só dar un paseo polo casco vello de vilas como Noia supón un auténtico percorrido pola cultura e historia medieval. Abundan no Barbanza e na península de Muros-Noia museos e centros de interpretación que ofrecen ós visitantes unha visión máis ampla dos lugares elixidos para pasar as vacacións, máis aló da oferta de sol e praia.

Natureza

As rutas de sendeirismo son outra das actividades máis demandas polos visitantes, en días coma este nos que non apreta tanto a calor.

Tamén a diversidade de actuacións programadas polos concellos nas que destacan a música, a danza, o teatro e o cine constitúen unha boa alternativa á praia.

Aínda que o auténtico prato forte segue a ser a oferta gastronómica que se pode degustar nos numerosos restaurantes e locais da zona. E é que a sona dos nosos pratos segue a ser un dos mellores reclamos para visitar Galicia.

Redacción Barbanza