Cantos na Maré chega a Pontevedra con “aires renovados”

Pontevedra> Pontevedra acollerá a volta do renovado Cantos na Maré. Unha cita que terá lugar do 11 ao 14 de outubro. O brasileiro Chico César, a portuguesa Teresa Salgueiro, Mercedes Peón ou a Cesaria Evora Orchestra formarán parte deste programa. As entradas estarán á venda a partir de mañá en Ticketea e na Casa da Luz con prezo que oscilan netre os 7 e os 20 euros.

Esta mañá presentouse unha nova edición de Cantos da Maré, unha edición que chega con novidades, con aires renovados, con máis días de programación, aberto a máis culturas, máis xéneros, máis públicos… Unha cita que terá lugar do 11 ao 14 de outubro na cidade de Pontevedra.

O novo Cantos na Maré terá lugar en varios espazos da cidade de Pontevedra, combinando concertos de pagamento e de balde con outras actividades musicais e culturais para todos os públicos.

Unha cita pola que pasarán o  brasileiro Chico César, a portuguesa Teresa Salgueiro, Mercedes Peón ou a Cesaria Evora Orchestra entre outros moitos artistas, poderán obter toda a información deste festival en www.cantosdamare.com. As entradas estarán á venda a partir de mañá en Ticketea e na Casa da Luz con prezos que oscilan entre os 7 e os 20 euros.