O executivo sonense avanza na tramitación do proxecto do tanatorio

 PORTODOSON> A intención é que a empresa que asuma a súa futura xestión das instalacións se faga cargo tamén dos custes da súa construción.

{flowplayer}barbanza/proxectotanatoriosonmaio13.flv{/flowplayer}

Apenas quedan pequenos detalles no proxecto, que o actual equipo de goberno confía en que estean rematados en breve para así poder sacar a licitación as obras. A intención do executivo é que estas sexan asumidas pola propia empresa que xestionará no futuro as instalacións. Segundo explicaron os propios membros do executivo sonense a tardanza en levar adiante a actuación veu provocada por diversas carencias detectadas no proxecto herdado do anterior goberno bipartito e que agora están a ser subsanadas.

Obra prioritaria

O alcalde quixo contestar tamén ás criticas vertidas dende o BNG, sinalando que o tanatorio é para eles unha prioridade, confiando en que poida estar concluido antes do remate da actual legislatura.

Empresas interesadas

A día de hoxe existen xa unhas seis empresas interesadas en asumir a construcción desta instalación presupostada en máis de 780 mil euros e que se levará a cabo nunha parcela de titularidade municipal na Tarela, a carón da piscina municipal.

Redacción Barbanza