A importancia de darlle unha segunda vida aos libros de texto

PONTEVEDRA> Xa está en marcha o Trocalibros. O obxectivo deste proxecto é fomentar o intercambio dos libros de textos entre as familias pontevedresas. A iniciativa é gratuíta e nela poden participar todos os escolares dos centros educativos da cidade.

Darlle unha segunda vida aos libros de texto. Ese é o obxectivo de Trocalibros. Unha iniciativa do Concello de Pontevedra que pretende axudar ás familias da cidade para que o inicio do curso non sexa tan complicado.

O intercambio de libros abrangue a todos os cursos dende terceiro de primaria ata segundo de bacharelato. A iniciativa está aberta a todos os escolares da cidade de Pontevedra.

E ademais de axudar economicamente ás familias, o Trocalibros serve tamén para que os máis pequenos aprendan a importancia da colaboración e a solidariedade.

A plataforma para ofrecer e solicitar os libros do vindeiro curso escolar está dispoñible na web trocalibros.pontevedra.gal

Comments are closed.