![]()
VILANOVA> Consideran que a mellor utilidade que se lle pode dar ó Pazo de Vista Real é destinalo a fins públicos e sociais.
{flowplayer}images/salnes/ENQUISA_RUA_VISTA_REAL.flv{/flowplayer}
Despois do pleno que se celebrou onte, o concello de Vilanova está máis preto de adquirir o Pazo de Vista Real, situado na parroquia de Caleiro. En repetidas ocasións, o alcalde do municipio asegurou que a intención de adquirilo inmoble non responde máis que a demanda dos veciños. A maioría deles mostraron a súa alegría ó coñecer a nova.
Ademais, Gonzalo Durán asegurou que será un ben público e social. Por iso, barallan a posibilidade da construción dun Centro de Día ou unha Gardería, zonas verdes e parques infantís. Opinión que comparten os veciños de Vilanova, a pesares de que algún non confía en que vaia ser un ben para o disfrute dos habitantes do municipio.
Sexa cal sexa a utilidade que se vaia a dar nun futuro a este Pazo, os veciños de Vilanova están moi contentos con traballo que está a realizar o concello para adquirila propiedade.
Redacción Salnés








