Fole revisa xunto ó Delegado da Xunta os principais proxectos do concello

    touris_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> Entre eles atópase o proxecto da Xunqueira, Luz Salgada, o Balneario da Concha ou as vivendas do Bosque dos Desamparados.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_INSTITUCIONAL_TOURIS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Comezan as tomas de contacto entre as recén creadas corporacións locais e as demais administracións, tanto autonómicas como estatais. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, abriu, esta mañá, a xira en Vilagarcía. Alí reuniuse co alcalde popular Tomás Fole.

    Proxectos como a mellora da praza de Abastos, o parque da Xunqueira, o proxecto Luz Sagada, ou o Balneario da Concha coláronse nesta primeira reunión entre o alcalde vilagarcián e o delegado da Xunta en Pontevedra. Proxectos, en palabras do rexedor, susceptibles de ser mellorados, aínda que non teñen decido a cales se lles dará preferencia.

    Fole aproveitou a reunión para solicitar ó representante da Xunta axuda na posta en marcha do centro de día ou na entrega das vivendas de protección oficial do bosque dos desamparados. Precisamente para axilizar os trámites no tocante ó edificio de Desamparados, pasado mañá, xoves, o xefe territorial de Medio Ambiente visitará a localidade para analizala situación e tratalos problemas que afectan á construción.

    Tourís destacou tamén os catrocentos mil euros que acaba de recibir o concello para contratar, a través dos Plans de Cooperación da Xunta, a 23 traballadores.

    Ó tempo, o alcalde vilagarcián xa se reuniu onte cos funcionarios de Ravella e hoxe cos servizos externos de cara a ter un primeiro contacto que se repetirán nas vindeiras semanas co obxectivo de atendelas necesidades destes traballadores.

    Redacción Salnés