Abanca, primeiro patrocinador da Festa do Marisco para os vindeiros catro anos

    O GROVE> Abanca é dende hoxe patrocinadora da Festa do Marisco e, polo convenio asinado esta mañá, serao nos vindeiros catro anos. A entidade estará presente con publicidade nas carpas pero tamén proporcionando servizos como os TPVs para o pago con tarxetas ou un autobús caixeiro móbil. Tamén farán unha achega de 60 mil euros, 15 mil por ano. Para o concello, esta sinatura supón dar un salto de calidade da Festa e escenifica o compromiso de Abanca coa vila.

     

    O concello de O Grove ven de conseguir o seu primeiro patrocinador para a Festa do Marisco. O goberno asinou esta mañá un convenio con Abanca, dando o primeiro paso no seu camiño para conseguir patrocinios privados para a cita.

    O acordo terá unha vixencia de catro anos. Neste tempo, a entidade aportará 60 mil euros á Festa, 15 mil por edición. Ademais de estar presente mediante publicidade nas carpas, Abanca tamén aportará servizos á cita, como os TPVs para o pago con tarxetas ou un caixeiro móbil.

    Dende Abanca destacaron tamén a importancia da Festa do Marisco, non só como cita gastronómica, senon tamén como impulsora da economía da zona e dun produto tan importante.

    O concello agarda que a vindeira semana se sume outra empresa como patrocinadora da Festa do Marisco. Desta volta, do eido das bebidas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/patrocinio_abanca_marisco.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/09setembro/24/patrocinio_abanca_marisco.mp4{/flowplayer}