Valga suspende o Fluvial Festival ante o risco do contaxio por coronavirus

VALGA> O protocolo de prevención fronte ao coronavirus obriga á cancelación dos eventos con máis de mil asistentes. O primeiro concello en suspender as súas actividades foi o de Valga. O goberno local adoptou a medida minutos antes da presentación da primeira edición do Fluvial Festival. A organización devolverá os cartos das entradas e aseguran que en canto sexa posible buscarán outra data para a súa celebración.

As diferentes administracións comezan a tomar medidas para frear o avance do coronavirus. Competicións deportivas, actuacións e eventos multitudinarios cancélanse ante o risco do contaxio. Un dos primeiros en anunciar estas medidas foi o concello de Valga. Que tomou a decisión de suspender o Pluviasl Festival, minutos antes da presentación da súa primeira edición.

Dende o concello non queren alarmar pero entenden que hai que tomar precaucións. Lamentan ter que ser eles os que tomen a decisión e que non sexa o goberno central.

A empresa organizadora devolverá os cartos das máis de mil entradas vendidas. O festival aprazarase ata que se levanten as medidas preventivas.

A organización intentará buscar unha data coa que poder manter o cartel. En caso de que non sexa posible se substituíra ao artista correspondente. Pola súa parte o concello tamén suspendeu as actividades que ían a ter lugar no auditorio: O “E ti, de quen ves sendo?”, e os festivais solidarios da escola infantil e do club de karate.