![]()
A ILLA> Das 106 embarcacións que se adican a esta arte, nove forman parte da confraría de pescadores. Eles mesmos regulan prezos e volumen das capturas.
{flowplayer}images/salnes/AperturaCampanaNavalla.flv{/flowplayer}
Non son moitos os que se adican á captura da navalla, na confraría da Illa tan só ó redor de 15 homes traballan nesta especie. A técnica que se emprega é a apnea polo que aguantan ó redor dun minuto baixo a auga sen asistencia de ningún tipo. O tope de captura que teñen é de 12 quilos por home e nestas dúas primeiras xornadas estanos a coller sen problemas. Ademáis trátase dunha navalla de gran calidade.
En canto ós prezos están moito máis baixos que en tempadas anteriores. Dende esta agrupación de navalleiros respétase un prezo mínimo para a venda pero por mor da crise tiveron que baixalo, os 10 euros o quilo que cobraban antes redúcense agora a 8 euros.
Ó ser un setor tan reducido, na Confraría da Illa son eles mesmos os que se autorregulan. Dende a confraría móstranse moi satisfeitos coa forma de traballar da asociación. Polo de agora a captura da navalla permanecerá aberta durante todo o verán.
Redacción Salnés








