O CRA de Meis instala o plan madruga con dous monitores e servizo de taxi

MEIS> O CRA de Meis instala o plan madruga con dous monitores e servizo de taxi. A escola só conta con nove alumnos inscritos a este plan polo que o servizo só se imparte nas escolas de San Tomé e Paradela. Para que unha destas alumnas poida gozar do plan madruga, o CRA puxo a disposición dela un taxi para trasladala dunha escola a outra.

Este taxi aparcado ás portas da escola de Paradela é un dos novos servizos dos que dispón o CRA de Meis. O centro rural conta dende este ano co plan madruga. Un servizo ao que se apuntaron 9 nenos. Para poder atender as súas demandas, o colexio puxo a disposición deles dous monitores, un no colexio de San Tomé, con seis nenos, e outro no de Paradela, con dous nenos e unha nena do colexio de San Lourenzo. Para que esta alumna poda gozar do plan madruga, o CRA puxo tamén a súa disposición o servizo do taxi.

O plan madruga permite ás nais e pais poder conciliar a vida laboral coa familiar.

Para o CRA de Meis, o plan madruga é vital para que as nais e pais opten pola súa escola e así cumprir co número necesario de alumnado.

Ao ser unha escola pequena, os custos dos monitores e do taxi son máis elevados que noutros centros, pero as nais e pais contan coa colaboración de diferentes asociación de Meis que posibilitan que só paguen a metade por estes servizos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí