![]()
CALDAS> Trátase dunha curtametraxe producida, dirixida e interpretada por alumnos e mestres do IES Aquis Celenis, o CEIP Domingo Fontán e Mr. Misto.
{flowplayer}images/salnes/CURTA_FOTOSENTESE.flv{/flowplayer}
Seis minutos de película que levaron todo un curso de traballo. ‘A Fotoséntese’ nace da colaboración entre os equipos de normalización lingüística do IES Aquis Celenis de Caldas e o Colexio Público Integrado Domingo Fontán de Portas. Buscaban realizar un traballo no que se plasmara a defensa do galego, e a chuvia de ideas acabou nesta produción audiovisual.
Para levar a cabo a curta contaron coa axuda da produtora vilagarciá Mr Misto Films. Eles axudáronos a organizarse en grupos e distribuÍr as tarefas de produción, vestiario, maquillaxe… aínda que o guión foi cousa de todos. Unha experiencia difícil, pero gratificante.
Onte pola foi o momento para os flaxes e os parabéns. O equipo da curtametraxe presentou A Fotoséntese ante a comunidade docente e a veciñanza, aínda que non foi a estrea. A cinta xa se pasou a finais de maio no primeiro Encontro de Audiovisual Galego celebrado en Porto do Son. A guinda para pechar o curso.
Redacción Salnés








