SANXENXO> Sebastián Yatra e Camilo, pratos fortes da terceira edición do Costa Feira de Sanxenxo. O festival arrancará o 29 de xullo, traendo ata o parque de Nantes multitude de artistas. Por alí pasarán tamén ao longo deste verán Leiva, Manuel Carrasco, Guitarricadelafuente ou Café Quijano. Máis alá da parte musical, os promotores do evento salientan o impacto económico que ten o festival na economía da zona.
Imaxes como estas volverán repertirse este verán en Sanxenxo. O festival costa feira desembarca por terceiro ano consecutivo no parque de Nantes, prometendo atraer a milleiros de amantes da música. Os promotores do evento falan xa dunha proposta consolidada, que vén avalada pola ampla participación das dúas primeiras edicións.
A edición deste ano contará con dous artistas destacados do panorama internacional.
A eles súmanse outros artistas, como Leiva, Manuel Carrasco ou Guitarricadelafuente.
O Costa Feira botará a andar o 28 de xullo con Yatra. Os concertos iranse sucedendo ao longo do mes de agosto, converténdose nun reclamo tamén para aqueles que aposten por vir pasar o verán á comarca. Nese sentido, dende a organización salientan tamén o impacto que xera o festival na economía local.
Na presentación desta terceira edición, o alcalde de Sanxenxo felicitou á organización polo impulso a este proxecto. Telmo Martín avanza que chegou o momento de repensar a colaboración municipal, á vista dos resultados.
Porque, lembra o alcalde, o festival conta co patrocinio da Xunta, pero polo de agora non co do concello.











