O sindicato de enfermería manifestase as portas do Hospital do Salnés

    VILAGARCÍA> Unha carreira de obstáculos, un flashmob e ata unha canción… son só algunhas das actuacións das enfermeiras do sindicato SATSE as portas do Hospital de O Salnés…

     

    Unha carreira de obstáculos para escenificar as dificultades que teñen estas enfermeiras para conseguir o recoñecemento da carreira profesional. 

    Un recoñecemento en forma de gratificación que leva paralizado dende o ano 2010 como consecuencia dos recortes en materia sanitaria.

    O sindicato SATSE seguirase manifestando as portas de todos os hospitais da comunidade para dar visibilidade ao seu problema, e facer reflexionar as administracións sobre a necesidade de recoñecemento da carreira profesional de enfermería. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/reivindicacion_satse_salnés_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/04abril/27/reivindicacion_satse_salnés.mp4{/flowplayer}