José María Íñigo, padriño de excepción no Barbanza

    presentacionlibroinigo100.jpgBOIRO> O club Expopress, creado recentemente a iniciativa dun grupo de xornalistas do Barbanza, celebrou a súa gala de presentación oficial.

    {flowplayer}barbanza/prsentacionlibroinigo.flv{/flowplayer}

    Neste acto contou cun padriño de excepción: José María Íñigo. O popular presentador participou nun amplo programa de actividades deseñado pola xunta directiva da entidade, no que se incluíu a presentación do seu último libro.

    ‘Cien Españoles y el Príncipe’ recolle a opinión de diversos persoeiros do mundo da política e da cultura sobre o papel da monarquía. Segundo o seu autor, a maioría dos entrevistados consideran que se trata dunha institución estable ó ver en Felipe un digno sucesor como xefe de estado. Sen embargo, hai espazo para as críticas máis ácidas e mordaces.

    Para a elaboración deste libro, José María Íñigo enviou o mesmo cuestionario a cento corenta personalidades do máis variopinto, dende Plácido Domingo ata Manuel Fraga. Sen ningún afán de influír no resultado, incluíu na publicación os cen primeiros en contestar.

    Padriño

    Tralo acto de presentación do libro, celebrado no centro social de Boiro, Íñigo participou na gala de presentación da asociación Expopress celebrada no restaurante Chicolino. Alí, o presidente do colectivo, o xornalista Suso Souto, impúxolle a primeira insignia de ouro do club que o distingue como padriño desta nova iniciativa cultural.

    Redacción Barbanza