Moita sardiña e de calidade a dous días do San Xoán

A POBRA> Moita sardiña e de moi boa calidade. É o panorama que atopamos nas prazas de abastos a tan só dous días do San Xoán. Polo momento, mantén o prezo entre os 5 e 6 euros pero os praceiros non descartan unha suba a partir de mañá.

Xa o din o refrán: Polo San Xoán a sardiña molla o pan’. E este ano é ben certo porque o peixe atópase no seu mellor momento.

En canto ó prezo, o quilo de sardiña oscilaba esta mañá na praza de abastos da Pobra entre os 5 e 6 euros. Algo máis cara, entre os 10 e os 12, ía a do xeito. Son prezos estables, que se manteñen no habitual da tempada aínda que non descartan que poda subir entre hoxe e mañá cando mesmo podería duplicarse dada a alta demanda.

Malia que suba, a maior parte dos consumidores non renuncia á tradición de asar sardiñas na noite máis máxica do ano aínda que hai a quen non lle importa comela calquera día do ano.