O PP trata de sacar a Ence do concurso da planta de biomasa

    PONTEVEDRA> O grupo municipal do PP de Pontevedra presentou un recurso de reposición contra a resolución da Consellería de Industria

    {flowplayer}images/salnes/ence300610.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> O grupo municipal do PP de Pontevedra presentou un recurso de reposición contra a resolución da Consellería de Industria na que se admite a trámite o anteproxecto de Ence para instalar unha planta de biomasa en Lourizán.

    Segundo explicou hoxe o edil Jacobo Moreira, un dos argumentos que esgrimen é que Ence non presenta a certificación urbanística que esixe o decreto. O que si presentou a empresa foi o plan sectorial de 2003, pero os populares entenden que non se debería ter en conta porque non contempla esa planta de biomasa.

    A pesares deste argumento, a actual consellería de Industria si aceptou ese plan sectorial como certificación urbanística. Jacobo Moreira entende que a Xunta só cumpriu unhas normas fixadas nun decreto feito polo anterior goberno bipartito. E insistiu en que o equipo de Núñez Feijoo aposta por non darlle esta autorización a Ence.

    O que pretende o PP de Pontevedra é que Ence quede xa fóra nesta fase previa do concurso. No recurso argumenta ademais que a elección do lugar é impugnable como acto separado do procedemento de tramitación administrativa. Engaden ademais que o POL cualifica esa zona de mellora ambiental e paisaxística.

    Moreira indicou que en breve se darán pasos para conseguir que Ence marche da ría, pero manténdose na comarca de Pontevedra.

    Redacción Salnés