RIBEIRA> O concello de Ribeira avanza na mellora das infraestruturas deportivas con dúas novas pistas de tenis en Samil, na parroquia de Corrubedo. O proxecto supuxo un investimento de máis de cen mil euros.
Xa están en servizo as pistas deportivas de Samil en Corrubedo despois de que o concello de Ribeira investise máis de cen mil euros nas instalacións que se atopaban moi deterioradas.
A actuación, enmarcada no POS adicional da Deputación, consistiu na ampliación e mellora da zona deportiva que conta con dúas pistas de tenis e un vestiario.











