Mojitos e daiquiris para refrescar a chegada do verán

    fotococtelcopia.jpg SANXENXO> Un grupo hostaleiros participaron nun curso de  coctelería para aportar un valor engadido ós seus establecementos de cara ó verán.

    {flowplayer}images/salnes/ClausuraCursoCocteleria.flv{/flowplayer}

    O hotel Carlos primeiro de Sanxenxo foi esceario esta tarde da clausura dun curso de coctelería organizado polo Centro de Formación Alfa Meta.

    Quince alumnos da comarca do Salnés, todos eles relacionados co sector da hostalería, achegáronse un pouco máis a este mundo versionando cócteles tradicionais.

    Dende mojitos e daiquiris ata a tradicional sangría, ou combinados de frutas sen apenas alcohol. Variedades para tódolos gustos que os alumnos deste curso puideron aprender a facer, e a degustar neste curso de iniciación ó mundo dos cócteles. Tivo unha duración de 20 horas e hoxe foi a súa clausura.

    O curso foi totalmente gratuito para os traballadores da hostalería e está cofinanciado pola Fundación Tripartita para a formación e polo Fondo Social Europeo.

    Redacción Salnés