Os nenos de Portonovo reivindican con 8.000 pezas de Lego un mar limpo

SANXENXO> 8.000 pezas de Lego para concienciar ós máis pequenos da necesidade dun mar limpo. Nenos de tódalas idades participaron estes días en Portonovo nun obradoiro que busca chama-la atención sobre a presenza de refugallos nos fondos mariños. A rapazada aproveita para formula-las súas dúbidas e propoñer solucións para fomenta-la reciclaxe e protexe-lo medio ambiente.

Debaixo dos nosos mares, hai moito máis que vida: hai plásticos, residuos e tamén contaminación. Para concienciar ós máis pequenos da grave situación á que se enfrontan os océanos, ducias de nenos e nenas participaron en Portonovo nuns obradoiros medioambientais.

O proxecto chegou hoxe ó seu fin coa construción dunha gran cidade submarina con pezas de Lego. Unha vez elaboradas as construcións chega o momento da reflexión. Moitos nenos matinan en posibles solucións para salva-los mares dos danos que provocan os lixos. Algunhas das propostas son ben orixinais, atendan…

Así que lles preguntamos a eles, ós nenos, sobre o presente e futuro dos nosos mares. Recoñecen estar moi preocupados polo seu estado e demandan unha maior concienciación medioambiental.

A actividade forma parte do Proxecto Planeta Limpo. Dende o pasado luns, por este posto, situado no parque do Espiñeiro, calcúlase que pasaron preto de 300 rapaces. todos eles moi concienciados co futuro do Planeta.