O PSdeG quere que o tránsfuga devolva a acta de edil

    SANXENXO> O PSdeG de Sanxenxo non sae do seu asombro: un dos seus edís, Marcos Alberto Redondo, que figuraba de número tres nos…

    {flowplayer}images/salnes/transfuga_psoe_sanxenxo.flv{/flowplayer}

    … pasados comicios electorais, está valorando pasarse ó grupo dos non adscritos mantendo a súa acta de concelleiro conquerida nos pasados comicios municipais baixo as siglas do puño e da rosa. Foi o seu compañeiro de partido, o número 2, José Buezas o primeiro e único en ter confirmación destes feitos por parte do propio tránsfuga.

    Redondo, masaxista de profesión e cun negocio no entorno do Club Náutico de Sanxenxo, argumentou que a súa decisión se debía a discrepancias con certas actitudes do partido durante a pasada campaña que non chegou a especificar. Agora, os seus aínda compañeiros de partido, pídenlle explicacións, e ó tempo, que rexeite canto antes a súa acta de concelleiro, que eles entenden que pertence ó PSOE.

    A secretaría xeral desta organización local, Dulcinea Aguín confirmou que, de materializarse mañá esta renuncia, a acta sería ocupada inmediatamente pola moza Vanesa Rodríguez Maneiro. Aguín asegura tamén, que malia o malestar inicial causado por esta nova, a familia socialista está unida, goza de boa saúde e está preparada para afrontar a presente lexislatura desde a oposición; uns catro anos nos que deberán buscar outro líder, xa que Dulcinea, como xa anunciara hai tempo, ven de esgotar as dúas veces que ía a concorrer como alcaldable.

    Redacción Salnés