![]()
CALDAS> A pesares do sinistro, os dous ocupantes do turismo puideron saír polo seu propio pé e foron trasladados ó Hospital.
{flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_AP9_CALDAS.flv{/flowplayer}
O accidente tiña lugar pasadas as doce do mediodía. Ó parecer o turismo sinistrado e único implicado, un Audi S8, circulaba pola AP9 en dirección Vigo cando no quilómetro 106, á altura do concello de Caldas de Reis, se producía este aparatoso accidente.
A pesares do estado no que quedou o vehículo, os dous ocupantes, tal e coma relataron os Bombeiros do Salnés, puideron saír polo seu propio pé e foron trasladados un ó Hospital do Salnés e o copiloto ó Domínguez, en Pontevedra.
Ata o lugar tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico e o 061. Ó parecer, segundo algúns familiares que se atopaban no lugar do accidente, viñan dun funeral que se celebrara en Pontecesures e dirixíanse á zona do Vao, en Pontevedra, onde residen. Polo momento descoñécense as causas que provocaron a saída de vía.
Accidente estrada Mosteiro-Cambados
Pouco tempo despois outro turismo, un golf conducido por un veciño de Ribadumia de 40 anos, saíase da vía cando circulaba pola estrada que vai de Mosteiro a Cambados.
Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico e unha dotación de Protección Civil de Cambados que desprazaron, ó único ocupante do vehículo, ó Hospital do Salnés con traumatismo cervical, dorsal, torácico e lumbar.
Redacción Salnés







