SANXENXO> As bandeiras azuis xa ondean nas 14 praias de Sanxenxo que conseguiron este distintivo. As autoridades da vila izaron o estandarte da praia da Panadeira, a novidade deste ano. O concello xa está a realizar os traballos nos areais de Area de Agra e de Nanín para alcanzar as 16 bandeiras no 2021.
O concello de Sanxenxo pode presumir de ser á vila de España con máis bandeiras azuis. O municipio loce o estandarte nas 14 praias que conseguiron este recoñecemento. Ademais en 11 delas inclúese outro distintivo de praia sen fume. É o caso da Panadeira, na que hoxe acudiron as autoridades para facer o tradicional izado da bandeira azul.
Para alcanzar este recoñecemento, que segundo o alcalde a praia facía máis de 10 anos que non recibía, o concello mellorou os accesos á praia dende o parque da panadeira.
Telmo Martín asegura que non se conforman cas 14 bandeiras e esforzaranse para conseguir o distintivo nas 16 praias de Sanxenxo.
O concello xa comezou a traballar nestes areais. En Nanín fixéronse obras no servizo de sumidoiros para emendar o mal estado da auga; traballos que tamén se levarán a cabo en Area de Agra.