Admitida a trámite a querela do Consorcio contra o Centro comercial vilanovés

    CAMBADOS> A xustiza ven de admitir a trámite a querela interposta polo Consorcio do Comercio do Salnés contra a gran área comercial…

    {flowplayer}images/salnes/consorcio_decreto_centro_comercial.flv{/flowplayer}

    … que se pretende construír en San Miguel de Deiro, Vilanova. Desde o Consorcio gábanse da aceptación deste recurso que agarda que free a construcción desta ampla zona de ocio e venda.

    Marcos González volveu a arremeter contra esta actuación por entender, entre outras cousas, que deriva dun pelotazo urbanístico en toda regra, ó levar consigo unha recaulificación dun chan de especial protección para empregalo nuns fins lucrativos dunha empresa privada. Ademais, asegura que este centro, tal e como está prantexado arestora, incumpriría varios dos puntos incluídos no decreto sobre a implantación de establecementos de áreas comerciais superiores ós 2.500 metros que ven de publicar a Consellería de Economía e Industria.

    Este tema, entre outros, será abordado a vindeira semana nunha reunión que terá lugar entre os directivos das asociacións que conforman o consorcio comercial desta comarca.

    Redacción Salnés