De tapas por Portonovo

    degustatapasweb copia.jpg SANXENXO> Vinte e catro establecementos hostaleiros participan na segunda edición do ‘Sanxenxo Degusta Tapas’ co fin de promover a gastronomía local.

    {flowplayer}images/salnes/SANXENXO_DEGUSTA_TAPASxuno2011.flv{/flowplayer}

    Hai pouco máis dunha semana que botou a andar o segundo concurso ‘Sanxenxo Degusta Tapas’ e a acollida está a ser, segundo os organizadores, máis que satisfactoria. Esta fin de semana achegámonos ata a rúa dos viños de Portonovo onde se atopa un dos 24 establecementos que participan no certame, a tapería Cova de Ons. Preséntanse ó concurso cun polbo con verduras e patatas en salsa galega como tapa tradicional. A creativa é esta brocheta de gambas con polbo e pementos vermellos e verdes. Son as dúas categorías nas que compiten os 24 locais, aínda que máis que unha competición, o Degusta Tapas pretende ser un revulsivo para animar ós veciños a recuperar a tradición de ir de tapas e gozar da gastronomía autóctona.

    Sen ir máis lonxe, desde a tapería Cova de Ons recoñecen que este tipo de eventos están axudando a revitalizar a popular ‘Rúa dos Viños’ de Portonovo, e que volva a ser o lugar concorrido de antano.

    Este ano como novidade as tapas teñen un prezo único en tódolos establecementos participantes: dous euros. Os consumidores que as proben terán un papel fundamental. Formarase un xurado popular encargado de valorar as mellores tapas en cada categoría. Pero aqueles que decidan facer a ruta das tapas e visiten como mínimo cinco locais, entrarán no sorteo de 24 comidas ou ceas en restaurantes de Sanxenxo e unha fin de semana de aloxamento. Se percorren a metade terán agasallo asegurado.

    Ademais do veredicto popular, os locais participantes terán que someter as súas tapas ó exame dun xurado de expertos que determinará a mellor elaboración tradicional e a más creativa.

    Redacción Salnés