Búscanse voluntarios para engalanar as rúas no día de Corpus

    alfombrascorpus.jpg CAMBADOS> Concello e parroquia estiman que de contar cun grupo de 40 ou 50 persoas poderían ampliarse os espazos adornados coas alfombras florais.

    Ó igual que se fixo este ano coa Semana Santa, concello de Cambados e comunidade parroquial queren dar un impulso á celebración do Corpus Christi para darle á festividade un maior esplendor e facela máis atractiva para vecinos e visitantes. É por isto que solicitan a colaboración desinteresada de tódolos cambadeses para participar durante a semana que vén na elaboración das tradicionais alfombras de flores que serven de paso á procesión.

    Ata o de agora, un grupo de entre 15 e 20 peroas se viña encargando da creación destes mantos florais nas principais rúas do casco vello. Os organizadores calculan que de ampliarse o número de colaboradores a 40 ou 50 podería aumentar tamén a canditade de espazos e rúas adornados para a ocasión, chegando do adro da Igrexa de Santa Mariña, a praza de Alfredo Brañas e a rúa Isabel II ata a esquina da confitería Costa, pola rúa Padre Peña abaixo.

    As xornadas de traballo comezarán mañá co corte das tullas. Esta tarefa ocupará ós voluntarios ata o xoves. O venres e o sábado serán os días dedicados á selección das flores, para o domingo, día de Corpus, elaborar as alfombras.

    Todos aqueles que desexen participar nesta actividade poderán poñerse en contacto con Elvi Álvarez a través do teléfono 675 65 08 60, ou ben informarse na igrexa parroquial.

    Redacción Salnés