Seis adegas da DO Rías Baixas fanse oco en Hong Kong

    VILAGARCÍA> A misión foi impulsada pola Cámara de Comercio de Vilagarcía e tiña como obxectivo establecer contactos con este mercado

    {flowplayer}images/salnes/BalanceMision_161112.flv{/flowplayer} 

    O balance que realizaron tanto Cámara de Comercio como os representantes das adegas non puido ser máis positivo. En Hong Kong participaron na feira Internacional Wine Spirits 2012. Se ben adegas como Gran Bazán ou Martín Códax xa están presentes no mercado asiático, todos viron con bos ollos a participación nesta experiencia que permite abrir novas canles de distribución ou mellorar as xa existentes.

    A viaxe a Hong Kong permitíu ás seis adegas participantes coñecer de preto cales son os gustos dos asiáticos polo viño, que estilo prefiren ou que prezo están dispostos a pagar. Se ben esta acción comercial non terá unha repercusión inmediata non ingresos das diferentes adegas, todos opinan que é un primeiro paso fundamental para facerse oco neste tipo de mercados emerxentes.

    O Presidente da Cámara de Comercio, Miguel Falcón,  asegurou que dado o éxito desta viaxe repetirán experiencia en 2013. Se ben a vindeira parada será México, onde explorarán, con outras adegas, a posibilidade de introducir os Rías Baixas no emerxente mercado do Bajío.

    Redacción Salnés