![]()
RIBADUMIA> O concello entregará ás 12.00 no salón de plenos as chaves dos pisos de promoción pública construídos na rúa Espadeiro.
As quince vivendas construídas na rúa Espadeiro xa está listas para entrar a vivir. Por iso, o goberno local convoca ós propietarios destes pisos de promoción pública o vindeiro mércores ó medio día, para recoller no salón de plenos as chaves que lles permitirán acceder ás súas novas casas. Trátase de catro pisos de catro dormitorios con 85 metros cadrados de superficie útil, oito de tres dormitorios e tres con dúas habitacións. Todos dispoñen de salón, cociña., comedor, baños, trasteiro e praza de garaxe.
O edificio levantouse nunha parcela cedida polo goberno local ó Instituto Galego de Vivenda e Solo ‘ante a necesidades de overtar vivendas proxeida no municipio’, explica a alcaldesa Salomé Peña. ‘Grazas a esta cesión –continúa Peña- quince familias do concello poderán disfrutar en poucos días da súa propia vivenda nunhas consicións inmellorables’.
A construción destes pisos contou cun orzamento de 1.456.797 euros. No proxecto contemplouse a instalación dun sistema de paneis solares como medida de aproveitamento das enerxías renovables, de xeito que todo o sistema de auga quente se alimentará con esta fonte de enerxía solar.
Redacción Salnés







