PONTEVEDRA> A difusión da cultura e a promoción de autores noveles e libros singulares é o obxectivo de Palabras y Arándanos, …
{flowplayer}images/salnes/libraria_virtual_pontevedra.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> A difusión da cultura e a promoción de autores noveles e libros singulares é o obxectivo de Palabras y Arándanos, unha libraría virtual creada en Pontevedra.
O proxecto, coordinado por Fernando Sancho e Mayte Freire, foi presentado o pasado venres en Pontevedra e tivo como madriña á escritora Fina Casalderrey, quen lle desexou sorte a esta libraría virtual que, ademais de fomentar a lectura, apoia o talento e a creatividade. A escritora pontevedresa animou tamén a outros autores a seguir escribindo.
Os coordinadores do proxecto aseguran que en Palabras y Arándanos posiblemente se encontrará o que non se localice noutros lugares do universo editorial.
Redacción Salnés