Augas de Galicia planifica a ampliación da EDAR de Praceres

Pontevedra> A delegación da Xunta de Pontevedra, en Campolongo, acolleu nesta xornada a reunión de seguimento do Plan de Saneamento Local da Ría de Pontevedra. Unha cita onde o director de Augas de Galicia informou sobre os avances rexistrados dende abril do 2017 centrados no propio plan, na ampliación da EDAR de Praceres e no novo emisario submarino.

A delegación da Xunta en Pontevedra acolleu esta mañá unha nova reunión sobre o Plan de Sanememento Local da Ría de Pontevedra. Unha cita onde o director de Augas de Galicia dix que estaba centrada en tres aspectos, o primeiro o avance do propio plan, o segundo dar conta dos avances da ampliación da EDAR de Praceres.

E o terceiro asunto que estaba sobre a mesa é a situación e estado do novo emisario submarino de 3,6 quilómetros.

En relación a situación da depuradora do Concello de Poio, o director de Augas de Galicia considera que se este concello considera que a mellor opción é levar á Xunta a un Contencioso, adiante.

O concelleiro de Obras de Pontevedra que estivo presente nesta reunión dixo que a Xunta segue a marear a perdiz no tema do saneamento da ría. Demetrio Gómez falou esta mañá da falta de concreción dos proxectos, dixo que despois de máis de dúas horas de reunión, a Xunta non aporta nada novo e segue a falar do mesmo.